快好知 kuaihz


Memoria da noite歌词
Madrugada, o porto adormeceu, amor, a lua abanea sobre as ondas piso espellos antes de que saia o sol na noite gardei a tua memoria. Perderei outra vez a vida cando rompa a luz nos cons, perderei o dia que aprendin a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar, perderei o dia que aprendin a bicar palabras dos teus ollos sobre o mar. Veu o loito antes de vir o rumor, levouno a marea baixo a sombra. Barcos negros sulcan a maña sen voz, as redes baleiras, sen gaivotas. E diran, contaran mentiras para ofrecerllas ao Patron: quereran pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar, quereran pechar cunhas moedas, quizais, os teus ollos abertos sobre o mar. Madrugada, o porto despertou, amor, o reloxo do bar quedou varado na costeira muda da desolacion. Non imos esquecer, nin perdoalo. Volverei, volverei a vida